
Creación dunha entrada de
calendario
1. Para engadir unha nova entrada de axenda, desprácese
ata a data que desexa, seleccione
Opcións
>
Entrada
nova
e elixa unha das seguintes opcións:
●
Xuntanza
— Engadir un recordatorio da xuntanza.
●
Petición de xuntanza
— Crear e enviar unha nova
solicitude de xuntanza. Cómpre dispoñer dunha caixa
de correo configurada para o envío de solicitudes.
●
Memorando
— Escribir unha nota xeral para o día.
●
Aniversario
— Engadir un recordatorio dos
aniversarios ou datas especiais (as entradas repítense
anualmente).
●
Tarefas
— Engadir un recordatorio dunha tarefa que
cómpre facer nunha data concreta.
2. Para engadir unha descrición para unha entrada,
seleccione
Opcións
>
Engadir descrición
.
3. Para gardar a entrada, seleccione
Feito
.
Suxestión: Na vista de axenda do día, da semana ou
do mes, prema calquera tecla (0--9). Abrirase unha
entrada dunha cita e os caracteres que insira
engadiranse ao campo do asunto. Na vista de tarefas,
ábrese unha entrada de nota de tarefa.
Cando soe a alarma da axenda, seleccione
Silenciar
para
poñer en silencio a alarma.
Para deter a alarma da axenda, seleccione
Deter
.
Para axustar a repetición da alarma, seleccione
Repetir
.
Para definir o período despois do cal a alarma da axenda soa
de novo cando está en repetir, seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Tempo repetic. alarma
.