
Engadir tons de chamada ós
contactos
Prema e seleccione
Contactos
.
Para definir un ton de chamada para un contacto ou grupo
de contactos:
1. Prema a tecla de desprazamento para abrir unha tarxeta
de contacto ou acceder á lista de grupos e seleccionar un
grupo de contactos.
2. Seleccione
Opcións
>
Ton de chamada
.
3. Seleccione o ton de chamada que desexe usar.
Cando un contacto ou membro do grupo lle chama, o
dispositivo reproducirá o ton de chamada seleccionado (se o
número de teléfono se envía coa chamada e o teléfono o
recoñece).
Para eliminar o ton de chamada, seleccione
Ton
predeterminado
da lista de tons de chamada.