
Acerca das actualizacións de software
É posible que as actualizacións de software inclúan
características novas e funcións melloradas que non se
atopaban dispoñibles no momento da compra do dispositivo.
É posible que a actualización do software mellore tamén o
rendemento do dispositivo.
Para recibir unha notificación cando exista software novo
dispoñible para o dispositivo, rexístrese en My Nokia e
subscríbase ás notificacións das mensaxes de texto ou correo
electrónico. Para obter máis información, diríxase á páxina
www.nokia.com/mynokia.
Aviso: Se instala unha actualización de software, non
poderá utilizar o dispositivo, nin sequera para efectuar
chamadas de emerxencia, ata completar a instalación e
reiniciar o dispositivo. Asegúrese de efectuar unha copia de
seguridade dos datos antes de aceptar a instalación dunha
actualización.
A descarga de actualizacións de software pode implicar a
transmisión de grandes cantidades de datos (servizo de
rede).
Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de carga
suficiente ou conecte o cargador antes de iniciar a
actualización.
Despois de actualizar o software ou as aplicacións do seu
dispositivo, é posible que as instrucións relacionadas coas
aplicacións actualizadas da guía do usuario ou das axudas
non estean actualizadas.