
Axustes
.
Pode definir e modificar varios axustes do seu dispositivo. A
modificación destes axustes afecta ao funcionamento do seu
dispositivo en varias aplicacións.
Algúns axustes poden estar preaxustados para o dispositivo
ou pode que o seu fornecedor de servizos llos envíe nunha
mensaxe especial. Quizais non teña a posibilidade de cambiar
estes axustes.
Seleccione o axuste que desexa editar e modifique os valores
das seguintes formas:
● Cambie entre dous valores, coma acendido ou apagado.
● Seleccione un valor dunha lista.
● Abrir un editor de texto para introducir un valor.
● Desprácese á esquerda ou á dereita para axustar un valor.