Nokia 6760 slide - Mail for Exchange

background image

Mail for Exchange

Con Mail for Exchange, pode recibir o correo electrónico do

traballo no seu teléfono. Poderá ler e contestar os correos

electrónicos, ver e editar ficheiros adxuntos compatibles, ver

información do calendario, recibir e contestar solicitudes de

xuntanzas, programar xuntanzas, e ver, engadir ou editar

información de contacto. Mail for Exchange só se pode

configurar se a súa empresa dispón de Microsoft Exchange

Server. Ademais, o administrador de TI da súa empresa

deberá activar Mail for Exchange para a súa conta.
Antes de instalar Mail for Exchange, asegúrese de que dispón

do seguinte:
● Un ID de correo electrónico de empresa
● O seu nome de usuario da rede da oficina

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

30

background image

● O seu contrasinal da rede da oficina
● O seu nome de dominio da rede (póñase en contacto co

departamento de TI da súa empresa)

● O seu nome de servidor de Mail for Exchange (póñase en

contacto co departamento de TI da súa empresa)

Dependendo da configuración do servidor de Mail for

Exchange da súa empresa, é posible que teña que inserir

outra información ademais da incluída. Se non coñece a

información correcta, póñase en contacto co departamento

de TI da súa empresa.
Con Mail for Exchange, é posible que o uso do código de

bloqueo sexa obrigatorio. O código de bloqueo

predeterminado do teléfono é 12345, pero é posible que o

administrador de TI da súa empresa establecera un código

diferente para vostede.
Para acceder e modificar o perfil e axustes de Mail for

Exchange, vaia aos axustes de Mensaxería.