
Reproducir videoclips e ligazóns de
streaming
Para reproducir un videoclip, seleccione
Videoclips
e un clip.
Para listar os ficheiros reproducidos recentemente,
seleccione
Máis recentes
na vista principal da aplicación.
Para obter en streaming contido polo aire (servizo de rede),
seleccione
Ligaz. streaming
. RealPlayer recoñece dous tipos
de ligazóns: unha URL rtsp:// e outra http:// que apunta ao
ficheiro RAM. Antes de que o contido se transmita por
streaming, o dispositivo debe conectarse a unha páxina web
e gardar o contido nunha memoria intermedia. Se un
problema de conexión de rede causa un erro de reprodución,
RealPlayer intenta reconectarse automaticamente co punto
de acceso a Internet.
Para descargar videoclips da web, seleccione
Descargar
vídeos
.
Para axustar o volume durante a reprodución utilice as teclas
Volume.
Para avanzar rapidamente durante a reprodución,
desprácese á dereita e manteña pulsada a tecla. Para
rebobinar durante a reprodución, desprácese á esquerda e
manteña pulsada a tecla.
Para deter a reprodución ou o streaming, seleccione
Deter
.
O proceso de gravación na memoria intermedia ou a
conexión coa páxina de streaming detense, a reprodución do
clip interrómpese e o clip rebobina ata o principio.
Para ver o videoclip en modo de pantalla normal, seleccione
Opcións
>
Contin. en pant. normal
.