
Para reproducir unha canción ou un episodio de podcast,
seleccione a categoría desexada e a canción ou o episodio de
podcast.
Para inserir unha pausa na reprodución, prema a tecla de
desprazamento; para continuar, prema a tecla de
desprazamento de novo. Para deter a reprodución,
desprácese cara abaixo.
Para realizar o avance rápido ou rebobinado, manteña
premida a tecla de desprazamento cara á dereita ou á
esquerda.
Imaxes e música
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
51

Para ir ao seguinte elemento, desprácese á dereita. Para
volver ao principio do elemento, desprácese á esquerda. Para
saltar ao elemento anterior, desprácese á esquerda 2
segundos despois do inicio dunha canción ou podcast.
Para modificar o ton da reprodución de música, seleccione
Opcións
>
Ecualizador
.
Para modificar o balance e a imaxe estéreo ou para mellorar
os graves, seleccione
Opcións
>
Axustes de audio
.
Para ver unha visualización durante a reprodución,
seleccione
Opcións
>
Mostrar visualización
.
Para volver ao modo de espera activo e deixar o reprodutor
funcionando en segundo plano, prema a tecla de fin.