Nokia 6760 slide - Chamadas de emerxencia

background image

Chamadas de emerxencia

Importante: Este dispositivo funciona con sinais de

radio, redes sen fíos, redes terrestres e funcións programadas

polo usuario. Se o dispositivo admite chamadas de voz a

través da Internet (chamadas da Internet), active as

chamadas da Internet e o teléfono móbil. O dispositivo pode

intentar efectuar as chamadas de emerxencia a través das

redes móbiles e do fornecedor de chamadas da Internet se se

atopan activados ámbolos dous. Non se pode garantir que as

conexións funcionen en todas as condicións. Nunca dependa

unicamente dun dispositivo móbil para efectuar

comunicacións importantes, coma urxencias médicas.
Para efectuar chamadas de emerxencia, faga o seguinte:
1. Se o dispositivo está apagado, acéndao. Comprobe que a

intensidade do sinal é a axeitada. En función do

dispositivo, é posible que tamén necesite realizar o

seguinte:
● Insira unha tarxeta SIM se o dispositivo utiliza unha.
● Elimine as restricións das chamadas que estean

activadas no dispositivo.

● Cambie o perfil Desconectado ou Voo a un perfil activo.

2. Prema a tecla Finalizar as veces necesarias para borrar a

pantalla e preparar o dispositivo para chamadas.

3. Insira o número de emerxencia da localidade na que se

atope. Os números de emerxencia poden variar en cada

localidade.

4. Prema a tecla Chamar.
Cando realice unha chamada de emerxencia, facilite toda a

información necesaria do xeito máis preciso posible. É

posible que o seu dispositivo sen fíos sexa o único medio de

comunicación na escena dun accidente. Non finalice a

chamada ata que reciba permiso para facelo.