Nokia 6760 slide - Dispositivos médicos implantados

background image

Dispositivos médicos implantados
Os fabricantes de dispositivos médicos recomendan manter

unha separación mínima de 15,3 centímetros (6 polgadas)

entre o dispositivo sen fíos e os dispositivos médicos

implantados, como os marcapasos ou os desfibriladores

cardioversores implantados, para evitar posibles

interferencias co dispositivo médico. As persoas que

dispoñan dos mencionados dispositivos deberán:
● Manter sempre o dispositivo sen fíos a unha distancia de

15,3 centímetros (6 polgadas) do dispositivo médico

cando o dispositivo sen fíos se atope acendido.

● Non transportar o dispositivo sen fíos no peto da camisa.
● Utilizar o dispositivo sen fíos no oído situado no lado

contrario ao dispositivo médico para minimizar as

posibles interferencias.

● Apagar o dispositivo sen fíos inmediatamente se sospeita

que se producen interferencias.

● Lea e respecte as instrucións do fabricante do dispositivo

médico implantado.

Se dispón dalgunha pregunta acerca da utilización do

dispositivo sen fíos cun dispositivo médico implantado,

póñase en contacto co seu médico.