
Acerca de Bluetooth
A tecnoloxía Bluetooth integrada no dispositivo permite
realizar conexións sen fíos entre dispositivos electrónicos
nun espazo de 10 metros. A conexión Bluetooth pódese
empregar para enviar imaxes, vídeos, texto, tarxetas de
visita, notas da axenda ou para conectarse sen fíos a
dispositivos que utilicen a tecnoloxía Bluetooth.
Dado que os dispositivos que empregan a tecnoloxía
Bluetooth utilizan ondas de radio, o seu dispositivo e os
outros dispositivos non precisan estar apuntando uns cara
Internet e conectividade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
42

aos outros. Os dous dispositivos só precisan estar a unha
distancia máxima de 10 metros, aínda que a conexión pode
estar suxeita a interferencias de obstrucións como paredes
ou dispositivos electrónicos.
Pódense activar varias conexións Bluetooth á vez. Por
exemplo, se o seu dispositivo está conectado a un auricular,
tamén pode transferir ficheiros a outros dispositivos
compatibles á vez.
O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth 2.0
+ EDR que admite os seguintes perfís: distribución de son
avanzada, control remoto de son e vídeo, tratamento básico
de imaxes, identificación de dispositivos, conexión á rede por
liña conmutada, transferencia de ficheiros, distribución de
son e vídeo xenérica, intercambio de obxectos xenérico,
mans libres, auriculares, dispositivo de interface humana,
envío de obxectos, acceso ao caderno de teléfonos e acceso
á SIM . Para asegurar a interoperabilidade con outros
dispositivos que dispoñan de tecnoloxía Bluetooth, utilice
accesorios Nokia homologados para este modelo. Póñase en
contacto cos fabricantes dos outros dispositivos para obter
información sobre a compatibilidade con este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o
consumo de enerxía e reducen a duración da batería.