
Conecte o cable de datos USB
O conector USB está detrás dunha tapa.
O cable de datos USB é só para transferir datos e non soporta
carga.
Para evitar datos danados, non desconecte o cable de datos
USB durante a transferencia de datos.
Transferir datos entre o dispositivo e un PC.
1. Insira unha tarxeta de memoria no seu dispositivo e
conécteo a un ordenador compatible por medio do cable
de datos.
2. Cando o dispositivo pregunte que modo se vai empregar,
seleccione
Almacenaxe masiva
. Neste modo, pode ver o
seu dispositivo como un disco duro extraíble no seu
ordenador.
3. Remate a conexión dende o ordenador (por exemplo, co
asistente para desconectar ou quitar hardware de forma
segura en Microsoft Windows) para evitar danar a tarxeta
de memoria.
Para usar Nokia PC Suite co seu dispositivo, instale Nokia PC
Suite no seu ordenador, conecte o cable de datos e seleccione
PC Suite
.
Para cambiar o modo USB que emprega normalmente co
cable de datos, seleccione >
Ferramentas
>
Axustes
>
Conectividade
>
USB
e
Modo de conexión USB
e a opción
desexada.
Para que o dispositivo lle pregunte polo modo cada vez que
conecte o cable de datos ao dispositivo, seleccione >
Ferramentas
>
Axustes
>
Conectividade
>
USB
e
Pregunt. ao conectar
>
Si
.