
Seguridade da conexión
Se o indicador de seguridade ( ) se amosa durante unha
conexión, significa que a transmisión de datos entre o
dispositivo e a pasarela da Internet ou o servidor está cifrada.
A icona de seguridade non indica se a transmisión de datos
entre a pasarela e o servidor de contido (onde se almacenan
os datos) é segura. O fornecedor de servizos protexe a
transmisión de datos entre a pasarela e o servidor de contido.
É posible que sexa necesario dispoñer de certificados de
seguridade nalgúns servizos, como os servizos de banca. Se
a identidade do servidor non é auténtica ou se non dispón do
certificado de seguridade correcto no seu dispositivo, recibirá
unha notificación. Para obter máis información, póñase en
contacto co seu fornecedor de servizos.