
Cargar a batería
A batería ven cargada parcialmente de fábrica. Se o
dispositivo indica que o nivel de carga da batería é baixo, faga
o seguinte:
1. Conecte o cargador a unha toma da parede.
2. Conecte o cargador ao dispositivo. O porto de carga está
detrás da tapa negra.
3. Cando o dispositivo indique a carga completa, desconecte
o cargador do dispositivo e, a continuación, da toma da
parede.
Non é preciso cargar a batería durante un período de tempo
específico e é posible utilizar o dispositivo mentres se está a
cargar. Se a batería está completamente descargada, é
posible que teña que esperar varios minutos para poder
efectuar chamadas e para poder visualizar o indicador de
carga na pantalla.
Suxestión: Desconecte o cargador da toma da parede
cando non se estea a utilizar. Un cargador conectado a
unha toma de parede consume enerxía aínda que non
estea conectado ao dispositivo.