
Tarxetas de memoria admitidas
Utilice só tarxetas microSD compatibles homologadas por
Nokia con este dispositivo. Nokia emprega estándares do
Introdución
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
16

sector autorizados para as tarxetas de memoria, pero é
posible que algunhas marcas non sexan completamente
compatibles co dispositivo. A utilización de tarxetas non
compatibles pode danar a tarxeta e o dispositivo, e danar os
datos almacenados na tarxeta.
Manteña tódalas tarxetas de memoria fóra do alcance dos
nenos.
Pode ampliar a memoria dispoñible cunha tarxeta microSDHC
ou microSD cunha capacidade de ata 8 GB. O rendemento
óptimo e cunha tarxeta microSD de 4 GB. Pode inserir ou
quitar unha tarxeta microSDHC ou microSD sen apagar o
dispositivo.
Para maximizar o rendemento do seu dispositivo,
recoméndase que non se garden nun cartafol máis de 10
ficheiros.