
Acerca de Mapas
Con Mapas pode ver a súa situación actual no mapa, consultar
mapas e planos de diferentes cidades e países, procurar
lugares, planificar rutas entre un lugar e outro, gardar a
situación dos lugares e envialas a dispositivos compatibles.
Tamén pode adquirir licenzas de información de tráfico e
servizos de navegación, se están dispoñibles no seu país ou
rexión.
Cando utilice Mapas por primeira vez, é posible que necesite
seleccionar un punto de acceso á Internet para a descarga de
mapas.
Se consulta unha zona que non está incluída nos mapas xa
descargados no dispositivo, o mapa da zona descárgase
automaticamente de Internet. Algúns mapas poden estar
dispoñibles no dispositivo ou na tarxeta de memoria. Tamén
pode utilizar o software de PC Nokia Map Loader para
descargar mapas. Para instalar Nokia Map Loader nun PC
compatible, vexa www.nokia.com/maps.
Suxestión: Para evitar as tarifas das transferencias de
datos, tamén pode empregar Mapas sen unha
conexión á Internet, e explorar os mapas que se atopan
gardados no seu dispositivo ou tarxeta de memoria.
Nota: A descarga de contidos como mapas, imaxes
satélite, ficheiros de voz, guías ou información de tráfico
pode implicar a transmisión de grandes cantidades de datos
(servizo de rede).
Case toda a cartografía dixital é imprecisa e está incompleta
ata certo punto. Nunca confíe só na cartografía descargada
para utilizarse neste dispositivo.