
Navegación ata o destino desexado
Para navegar ata o seu destino, cómpre adquirir unha licenza
para o servizo de navegación.
Para mercar unha licenza de navegación para automóbiles e
para transeúntes, seleccione
Opcións
>
Tenda e
licenzas
>
Cond. e camiñ.
. Para mercar só unha licenza de
navegación para transeúntes, seleccione
Camiñar
. A licenza
é específica para unha rexión e pode utilizarse só nunha zona
seleccionada. Pode pagar cunha tarxeta de crédito ou incluír
a compra na factura telefónica, se o permite o fornecedor de
servizos. Pode transferir a licenza desde o seu teléfono a
outro dispositivo compatible, mais a licenza non se pode
empregar en máis dun dispositivo de xeito simultáneo.
Se está a utilizar a navegación para automóbiles por primeira
vez, deberá seleccionar o idioma da guía de voz e descargar
os ficheiros da guía de voz relacionados. Para cambiar o
idioma máis tarde, seleccione
Opcións
>
Ferramentas
>
Axustes
>
Navegación
>
Guía de voz
na vista principal. A
guía de voz non está dispoñible para a navegación para
transeúntes.
Para comezar a navegar, desprácese ata un lugar, prema a
tecla de desprazamento e seleccione
Conducir a
ou
Camiñar
a
.
Para deter a navegación, seleccione
Deter
.
Mapas Ovi
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
38