
Planificación de rutas
Para planificar unha ruta, desprácese ata o punto de saída no
mapa, prema a tecla de desprazamento e seleccione
Engadir
á ruta
. Para engadir o destino e máis lugares á ruta,
seleccione
Eng. novo punto de ruta
. Se quere utilizar a súa
posición actual coma punto de saída, engada o destino á ruta.
Para cambiar a orde dos puntos de ruta, seleccione un punto
de ruta, prema a tecla de desprazamento e seleccione
Mover
. Desprácese ata o lugar ao que desexe mover o punto
de ruta e seleccione
Seleccionar
.
Para editar a ruta, prema a tecla de desprazamento e
seleccione
Editar ruta
.
Para amosar a ruta no mapa, seleccione
Amos. rut.
.
Para navegar ata o destino en coche ou a pé, no caso de que
posúa unha licenza para estes servizos adicionais, seleccione
Amos. rut.
>
Opcións
>
Empezar a conducir
ou
Empezar
a camiñar
.
Para gardar a ruta, seleccione
Amos. rut.
>
Opcións
>
Gardar ruta
.