Acerca do GPS
As coordenadas do GPS exprésanse co formato de graos e
graos decimais pertencente ao sistema de coordenadas
internacional WGS-84. A dispoñibilidade das coordenadas
pode variar segundo a rexión.
O sistema de posicionamento global (GPS) está operado polo
goberno dos Estados Unidos, que é o único responsable da
precisión e mantemento do sistema. A precisión dos datos de
localización pode verse afectada polos axustes nos satélites
GPS efectuados polo goberno dos Estados Unidos e está
suxeita a modificacións procedentes da política de GPS civil
do Ministerio de defensa dos Estados Unidos e do Plan de
radionavegación federal (Federal Radionavigation Plan). A
precisión tamén pode verse afectada pola xeometría de baixo
nivel do satélite. A dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS
poden verse afectadas pola súa localización, os edificios e os
obstáculos naturais ademais de polas condicións
meteorolóxicas. É posible que os sinais GPS non estean
dispoñibles no interior dos edificios ou en pasos
subterráneos e que a súa transmisión non sexa posible a
través de materiais como formigón e metal.
O sistema GPS non se debe utilizar para a medición dunha
localización precisa e vostede non debe depender só dos
datos de localización procedentes do receptor GPS nin das
redes de radio móbil para determinar posicións nin para a
navegación.
A precisión do hodómetro é limitada, polo que é posible que
se produzan erros de redondeo. A precisión tamén se pode
ver afectada pola dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS.
Nos axustes de posicionamento pódense habilitar ou
deshabilitar os diferentes métodos de posicionamento.