
Consellos para crear unha conexión GPS
Comprobación do estado do sinal de satélite
Para comprobar cantos satélites atopou o teléfono e se está
a recibir os seus sinais, seleccione >
Aplicacións
e
Datos
GPS
>
Posición
>
Opcións
>
Estado do satélite
.
Se o dispositivo atopou satélites,
amosarase unha barra para cada
un na vista de información de
satélites. Canto máis longa sexa a
barra, máis potente será o sinal do
satélite. Unha vez que o dispositivo
recibiu datos dabondo do sinal por satélite para calcular as
coordenadas da súa localización, a barra amósase de cor azul.
Para ver a posición dos satélites atopados, seleccione
Camb.
vista
.
Inicialmente, cómpre que o dispositivo reciba sinais de polo
menos catro satélites para poder calcular as coordenadas da
súa localización. Unha vez realizado o cálculo inicial, pode
que sexa posible continuar calculando as coordenadas da súa
Mapas Ovi
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
34

localización mediante tres satélites. Non obstante, polo xeral
a precisión é mellor cantos máis satélites se atopan.
Se o dispositivo non pode atopar o sinal do satélite, considere
o seguinte:
● Se se atopa nun lugar interior, diríxase ao exterior para
recibir un sinal mellor.
● Se se atopa ao aire libre, desprácese ata un espazo máis
aberto.
● Asegúrese de que a súa man non tapa a antena GPS do
dispositivo.
● Se as condicións climáticas non son boas, a intensidade do
sinal pódese ver afectada.
● Algúns vehículos posúen cristais tinxidos (atérmicos) que
poden bloquear os sinais dos satélites.