
Datos GPS
Seleccione >
Aplicacións
>
Datos GPS
.
Datos GPS está deseñada para fornecer información de guía
de ruta a un destino seleccionado, información de posición
acerca da súa localización actual e información da viaxe,
como a distancia aproximada ao destino e a duración
aproximada desta.
As coordenadas do GPS exprésanse co formato de graos e
graos decimais pertencente ó sistema de coordenadas
internacional WGS-84.
Para utilizar Datos GPS, cómpre que o receptor GPS do
dispositivo reciba inicialmente información de posición de
polo menos catro satélites para calcular as coordenadas da
súa localización. Unha vez realizado o cálculo inicial, pode
que sexa posible continuar calculando as coordenadas da súa
localización mediante tres satélites. Non obstante, polo xeral
a precisión é mellor cantos máis satélites se atopan.