Nokia 6760 slide - Marcadores

background image

Marcadores

Seleccione >

Aplicacións

>

Marcadores

.

Mediante os Marcadores, pode gardar no dispositivo a

información de posición de localizacións específicas. Pode

clasificar en diferentes categorías as localizacións gardadas,

como, por exemplo, negocios, e engadirlles máis

información, como, por exemplo, enderezos. Pode usar os

marcadores gardados en aplicacións compatibles, como

datos do GPS.
As coordenadas do GPS exprésanse co formato de graos e

graos decimais pertencente ao sistema de coordenadas

internacional WGS-84.
Seleccione

Opcións

e escolla entre as seguintes:

Novo marcador

— Cree un novo marcador Para efectuar

unha solicitude de posicionamento para a súa localización

actual, seleccione

Posición actual

. Para seleccionar unha

situación no mapa, seleccione

Seleccionar no mapa

. Para

inserir manualmente a información de posición,

seleccione

Intro. manualmente

.

Editar

— Edite ou engada información a un marcador

gardado (por exemplo, un enderezo dunha rúa).

Engadir á categoría

— Engada un marcador a unha

categoría nos Marcadores. Seleccione cada categoría á que

desexe engadir o marcador.

Enviar

— Envíe un ou varios marcadores a un dispositivo

compatible. Os marcadores recibidos gárdanse no cartafol

Caixa de entrada en Mensaxería.

Pode ordenar os marcadores en categorías prefixadas e crear

categorías novas. Para editar e crear novas categorías de

marcadores, abra a ficha de categorías e seleccione

Opcións

>

Editar categorías

.

Mapas Ovi

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

35