Control do volume
Para axustar o volume do auricular ou do altofalante durante
unha chamada ou mentres está a escoitar un ficheiro de son,
use as teclas de volume.
Para activar ou desactivar o altofalante durante unha
chamada, seleccione
Altofalante
ou
Teléfono
.
Aviso: A exposición continua a niveis elevados de
volume pode danar a súa capacidade auditiva. Escoite música
a un volume moderado e non suxeite o dispositivo preto do
seu oído co altofalante activado.