
Indicadores
ou
O dispositivo está conectado á rede UMTS ou á
GSM.
O nivel de carga da batería. Canto máis alta sexa a barra,
a carga da batería será maior.
Ten unha ou varias mensaxes sen ler no cartafol Caixa
de entrada en Mensaxería.
Recibiu un novo correo na caixa de correo remota.
Hai mensaxes en espera de ser enviadas no cartafol Caixa
de saída en Mensaxería.
Ten unha ou varias chamadas perdidas.
As teclas do dispositivos están bloqueadas.
Unha alarma está activada.
Ten activado o perfil Silencio, e o dispositivo non soa
cando se recibe unha chamada ou unha mensaxe.
A conectividade do Bluetooth está activada.
Hai unha conexión Bluetooth establecida. Cando o
indicador pestanexa, significa que o dispositivo está
intentando conectarse con outro dispositivo.
Hai unha conexión de paquetes de datos GPRS dispoñible
(servizo de rede). indica que a conexión está activa.
indica que a conexión está en espera.
Hai unha conexión de paquetes de datos EGPRS dispoñible
(servizo de rede). indica que a conexión está activa.
indica que a conexión está en espera.
Hai unha conexión de paquetes de datos UMTS dispoñible
(servizo de rede). indica que a conexión está activa.
indica que a conexión está en espera.
O HSDPA (High-speed downlink packet access) está
admitido e dispoñible (servizo de rede). A icona pode variar
segundo as rexións. indica que a conexión está activa.
indica que a conexión está en espera.
O seu Nokia 6760 slide
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
25

O seu dispositivo está conectado a un ordenador cun
cable de datos USB.
A segunda liña do teléfono está en uso (servizo de rede).
Todas as chamadas reenviaranse a outro número. Se
ten dúas liñas de teléfono, un número indica a liña que está
activa.
Hai uns auriculares conectados ao dispositivo.
Hai un kit de coche de mans libres conectado ao
dispositivo.
Hai un adaptador de audiófono conectado ao dispositivo.
Hai un DTS conectado ao dispositivo.
O dispositivo está a facer unha sincronización.
Reloxo
Con Reloxo, pode ver a hora local ou a hora doutras cidades
e usar o seu dispositivo como reloxo espertador.
Espertador
Seleccione >
Aplicacións
>