
Realización de chamadas
Nota: É posible que a factura das chamadas e servizos
do seu fornecedor de servizos varíe, dependendo das
funcións de rede, do redondeo da facturación, dos impostos,
etc.
Para facer e recibir chamadas, o dispositivo debe estar
acendido, debe ter instalada unha tarxeta SIM válida e debe
atoparse na área de servizo dunha rede móbil.
Importante: No perfil Desconectado, non é posible
efectuar nin recibir chamadas, nin utilizar outras funcións
que requiran o uso de cobertura de rede móbil. Sen embargo,
poderá efectuar chamadas ao número de emerxencia oficial
programado no dispositivo. Para efectuar chamadas,
primeiro cómpre activar a función do teléfono mediante a
modificación dos perfís. Se se bloqueou o dispositivo, insira
o código de bloqueo.
Realización de chamadas
Para facer unha chamada, introduza o número de teléfono
incluíndo o prefixo e prema a tecla chamar. Para finalizar a
chamada ou cancelar o intento de chamada, prema a tecla
Fin.
Suxestión: Nas chamadas internacionais, engada o
signo + que substitúe ao código internacional, insira o
O seu Nokia 6760 slide
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
21

código do país, o código de área (omita o primeiro cero
se fora necesario) e o número de teléfono.
Responder a unha chamada
Para responder a unha chamada, prema a tecla chamar. Para
rexeitar unha chamada, prema a tecla Fin.
Para silenciar o ton de chamada en vez de responder á
chamada, seleccione
Silenciar
.
Para axustar o volume durante unha chamada, use as teclas
de volume.