
Transferir contido
Pode utilizar a aplicación
Cambio
para copiar contido como
números de teléfono, enderezos, elementos de calendario e
imaxes do seu dispositivo Nokia anterior ao Nokia 6760
slide mediante a conectividade Bluetooth ou infravermellos.
O tipo de contido que se pode transferir depende do modelo
do dispositivo dende o que desexe transferir contido. Se ese
dispositivo admite a sincronización, tamén será posible
sincronizar datos entre os dispositivos. O seu dispositivo
Nokia 6760 slide notifícalle se o outro dispositivo non é
compatible.
Se o outro dispositivo non se pode acender sen unha tarxeta
SIM, pode inserir a súa tarxeta SIM nel. Ao acender o
dispositivo Nokia 6760 slide sen unha tarxeta SIM, o perfil
Desconectado actívase automaticamente e pódese realizar a
transferencia.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
20

Transferir contido por primeira vez
1. Para recuperar datos do outro dispositivo por primeira
vez, no Nokia 6760 slide, seleccione
Cambio
na aplicación
Configuración do teléfono ou seleccione >
Ferramentas
>
Cambio
.
2. Seleccione o tipo de conexión que desexa utilizar para
transferir os datos. Ámbolos dous dispositivos deben
admitir o tipo de conexión seleccionado.
3. Se selecciona a opción de Bluetooth, conecte os dous
dispositivos. Para facer que o teléfono busque
dispositivos con conectividade Bluetooth, seleccione
Continuar
. Seleccione o dispositivo dende o que desexa
transferir contido. O teléfono solicitaralle que insira un
código no seu dispositivo Nokia 6760 slide. Insira un
código (entre 1 e 16 díxitos) e seleccione
Aceptar
. Insira
o mesmo código no outro dispositivo e seleccione
Aceptar
. Os dispositivos están agora vinculados.
É posible que algúns dispositivos de Nokia anteriores non
inclúan aínda a aplicación Cambio. Neste caso, a
aplicación Cambio enviarase ao outro dispositivo en
forma de mensaxe. Para instalar a aplicación Cambio
noutro dispositivo, abra a mensaxe e siga as instrucións.
4. Dende o seu dispositivo Nokia 6760 slide, seleccione o
contido que desexe transferir dende o outro dispositivo.
Unha vez iniciada a transferencia, pode cancelala e
continuar máis tarde.
O contido transfírese dende a memoria do outro dispositivo
á localización correspondente do seu dispositivo Nokia 6760
slide. A duración da transferencia depende da cantidade de
datos que se teñan que transferir.