
Perfís
.
Pode axustar e personalizar as sinais de chamada, os tons de
aviso e outros tons do dispositivo para distintos eventos,
contornos ou grupos de persoas que chaman. O perfil activo
amósase na parte superior da pantalla no modo de espera.
Se o perfil activo é Xeral só amosarase a data de hoxe.
Para crear un novo perfil, seleccione
Opcións
>
Crear
novo
e defina os axustes.
Para personalizar un perfil, seleccione un e
Opcións
>
Personalizar
.
Para cambiar un perfil, seleccione un e
Opcións
>
Activar
.
O perfil Desconectado evita que, de forma accidental, o
dispositivo se acenda, envíe ou reciba mensaxes ou use a
conectividade Bluetooth, o GPS ou a radio FM; tamén pecha
as conexións da Internet que poden estar operativas ao
seleccionar o perfil. O perfil Desconectado non evita que
estableza unha conexión Bluetooth máis tarde, ou reiniciar o
GPS ou a radio FM, polo que cumpre cos requisitos de
seguridade aplicables ao establecer ou usar estas funcións.
Para facer que o perfil estea activo ata unha hora
determinada nas vindeiras 24 horas, desprácese ao perfil,
seleccione
Opcións
>
Temporizado
e fixe a hora. Cando se
supere a hora establecida, o perfil cambiará de novo ao perfil
sen límite de tempo activado anteriormente. Cando se
programa un perfil, amósase no modo de espera. O perfil
Fóra de liña non se pode programar.
Para eliminar un perfil creado por vostede, seleccione
Opcións
>
Borrar perfil
. Non se poden eliminar os perfís
predefinidos.