
Bloquear o dispositivo
O código de bloqueo protexe o seu dispositivo dun uso non
autorizado. O código preconfigurado é 12345.
Para bloquear o dispositivo, na modo en espera activo, prema
a tecla de acendido e seleccione
Bloquear teléfono
.
Para desbloquear o seu dispositivo, seleccione
Desbloq.
,
escriba o código de bloqueo e seleccione
Aceptar
.
Para cambiar o código de bloqueo, seleccione >
Ferramentas
>
Axustes
e
Xeral
>
Seguridade
>
Teléfono e tarxeta SIM
. Introduza o código actual e, despois,
introduza dúas veces o novo código. O novo código pode ter
de 4 a 255 caracteres. Pode empregar letras e números e
admítense tanto letras maiúsculas coma minúsculas.
Escriba o código novo e gárdeo nun lugar secreto e seguro
lonxe do dispositivo. Se esqueceu o código de bloqueo e o
dispositivo está bloqueado, debe levar o dispositivo a un
servizo autorizado Nokia e poden aplicarlle custos adicionais.
Para desbloquear o dispositivo, debe volver cargar o software
e poida que se perdan os datos que gardou no dispositivo.
Tamén pode bloquear o dispositivo de forma remota se envía
unha mensaxe de texto ao dispositivo. Para habilitar o
bloqueo remoto e definir o texto da mensaxe, seleccione >
Ferramentas
>
Axustes
e
Xeral
>
Seguridade
>
Teléfono e tarxeta SIM
>
Bloqueo teléfono remoto
>
Activado
. Introduza a mensaxe de bloqueo remoto e
confírmea. A mensaxe debe ter unha lonxitude mínima de 5
caracteres. Escriba o texto xa que pode necesitalo máis tarde.