Nokia 6760 slide - Seguridade

background image

Seguridade

Lea estas sinxelas instrucións. Non respectalas pode resultar

perigoso ou ilegal. Lea a guía de usuario completa para obter

máis información.

ACENDIDO SEGURO
Non acenda o dispositivo en zonas onde o uso de

teléfonos sen fíos estea prohibido ou cando poida

provocar interferencias ou resulte perigoso.
A SEGURIDADE NA CONDUCIÓN É O PRIMEIRO
Respecte a lexislación local. Manteña sempre as

mans libres para controlar o vehículo durante a

condución. A súa principal prioridade durante a

condución deberá ser a seguridade vial.
INTERFERENCIAS
Todos os dispositivos sen fíos son susceptibles de

recibir interferencias, o que pode afectar ao seu

rendemento.
DESCONEXIÓN NAS ÁREAS RESTRINXIDAS
Respecte as restricións. Apague o dispositivo nos

avións, preto de equipos médicos, combustibles,

produtos químicos ou zonas volátiles.
SERVIZO CUALIFICADO
O produto só poderá ser instalado ou reparado por

persoal cualificado.

ACCESORIOS E BATERÍAS
Utilice unicamente accesorios e baterías

autorizados. Non conecte produtos non

compatibles.
RESISTENCIA Á AUGA
O dispositivo non é resistente á auga. Mantéñao

seco.