
Memoria compartida
É posible que as seguintes funcións do dispositivo compartan
memoria: tons, gráficos, contactos, mensaxes de texto,
mensaxes multimedia, mensaxes instantáneas, correo
electrónico, axenda, xogos, notas e aplicacións. A utilización
dunha ou máis destas funcións pode reducir a cantidade de
memoria dispoñible para o resto de funcións. Se o dispositivo
Seguridade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
7

amosa unha mensaxe na que se indica que a memoria está
chea, elimine parte da información que se atopa almacenada
na memoria compartida.
Seguridade
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
8

1. Axuda
Asistencia técnica
Se desexa máis información acerca do uso do seu produto,
ou se non está seguro do funcionamento do seu teléfono,
consulte as páxinas de axuda en www.nokia.com/support, o
sitio web de Nokia para o seu país, www.nokia.mobi/
support (dende un teléfono móbil), a aplicación Axuda do
dispositivo ou a guía do usuario.
Se así non se resolve o seu problema, tente o seguinte:
● Reinicie o teléfono: apague o teléfono e retire a batería.
Pasado un minuto, volva a colocar a batería e acenda o
teléfono.
● Coa aplicación Nokia Software Updater, actualice
regularmente o software do teléfono para obter un
rendemento óptimo e posibles novas funcións. Consulte
www.nokia.com/softwareupdate ou o sitio web de Nokia
para o seu país. Antes de actualizar o software, lembre
facer unha copia de seguridade dos datos do teléfono.
● Restableza a configuración orixinal de fábrica do modo
indicado na guía de usuario. Co restablecemento non se
borran os seus documentos nin ficheiros.
Se continúa sen resolver o problema, póñase en contacto con
Nokia para obter información acerca doutras opcións de
reparación. Consulte www.nokia.com/repair. Antes de enviar
a amañar o teléfono, lembre facer unha copia de seguridade
dos datos do teléfono.
Axuda do dispositivo
O teléfono contén instrucións que lle axudarán a empregar
as aplicacións que se inclúen nel.
Para abrir textos de axuda do menú principal, seleccione >
Aplicacións
>